Financiación do proxecto
O Arquivo Dixital da Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son insírese dentro do PROXECTO DE RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DOS FONDOS DOCUMENTAIS HISTÓRICOS DA ENTIDADE (GALP4-091), proxecto financiado ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar, aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) para o desenvolvemento sustentábel das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.
A Confraría San Telmo de Porto do Son é un símbolo identificativo de Porto do Son e da comarca, unha auténtica seña de identidade dunha institución pesqueira que soubo superar os avatares e inclemencias do paso do tempo adaptándose ás vicisitudes de cada época e trazando o rumbo da política pesqueira local.
COLABORADORES DO PROXECTO
OBXECTIVO XERAL DO PROXECTO
Creación dun escaparate virtual orientado á posta en valor do patrimonio material e inmaterial a través da organización, clasificación, descrición e dixitalización do fondo arquivístico da entidade.
RESULTADOS ACADADOS
- Organización integral do arquivo documental da Confraría.
- Catalogación e inventariado dos fondos.
- Conservación e mellora do patrimonio inmaterial da Confraría.
- Preservación da tradición da cultura mariñeira.
- Revitalización do patrimonio inmaterial.
- Recuperación do patrimonio cultural costeiro.
- Acceso público a través dun escaparate