Qué é o Arquivo Dixital


O Arquivo conserva a documentación xerada pola Confraría de Pescadores “San Telmo” de Porto do Son no exercicio das súas función dende a súa fundación, o 15 de abril de 1923, ate a actualidade.

Entre os documentos máis destacados está o primeiro libro de actas do Pósito, onde están rexistrados todos os acordos tomados polos órganos de goberno da confraría dende o 1923 a 1934





Entre as función máis importantes das Confrarías eran a asistencia social aos socios e ás súas familias, a ordenación da pesca, a venda do peixe, e as melloras nas embarcacións, funcións que se reflicten claramente na documentación custodiada e á que poderás ter acceso de maneira dixital.