A nosa HISTORIA
Dende 1923 cando se formalizou como Pósito de Pescadores de Porto do Son, o arquivo foi xerando a documentación que nos permite coñecer as orixes e evolución da institución que coñecemos hoxe.
A súa creación remóntase ao 15 de abril de 1923 cando ao abeiro da Real Orde do 5 de xaneiro de 1919 se crea o Pósito sonense, co obxectivo xa claro de solucionar os problemas pesqueiros do momento.
O seu primeiro patrón será José Abeijón Vidal, que será o encargado de arrendar o primeiro local do Pósito, sito na planta baixa dunha casa sita na Rúa Isabel II
En 1945 transformase na actual Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son e dende ese momento xogará un papel importante no desenvolvemento da vila, como así o atestiguan as diferentes xestións para dotar á vila dunha casa do pescador e a creación dunha escola entre outras.
Doazón da Raíña Victoria Eugenia para a construción da Casa do Pescador (1927)