As mulleres no mar
O traballo das mulleres ten unha importancia socioeconómica decisiva no sector pesqueiro galego
Existe unha relación histórica co mar. Todas as actividades pesqueiras dependen, en maior ou en menor medida, desta relación histórica onde as mulleres foron e son protagonistas: pescando, cultivando, transformando, vendendo e transmitindo saberes de xeración a xeración.
O papel das mulleres na pesca galega é fundamental para o desenvolvemento de moitas das actividades do sector. Algúns destes pasos na cadea productiva teñen un carácter eminentemente feminino; éste é o caso redeiras e atadeiras, encargadas da fabricación e reparación das redes, actividades imprescindibles para a pesca: sen redes non se pode saír a faenar.
Oficio éste tradicionalmente feminino, manual e altamente cualificado.
A través do arquivo dixital da Confraría de Porto do Son podemos acceder ás fichas de cotización de redeiras e atadeiras da década dos 50 e mesmo acceder a imaxes fotográficas que evidencian o seu traballo diario.
Unha maneira máis de visibilizar e salientar o seu traballo no sector pesqueiro.