O Arquivo
Mostrando 10 de 912 resultados
Nome | Descrición | Sección |
---|---|---|
Contratos de inquilinato | 1923: D. José Abeijón Vidal arrenda a D. Manuel Chouza Maneiro a planta baixa dunha casa sita na Rúa Isabel II para uso do Pósito 1925: D. Antonio Fernández Carballo arrenda a D. Manuel Chouza Maneiro unha casa no Nº 11 da Rúa do Progreso para uso do Pósito | Patrón Maior |
Solicitudes de subvención destinada á compra de diverso material de oficina | Solicitudes de subvención destinada á compra dunha máquina de escribir marca Olivetti | Lugares/ Instalacións |
Pósito infantil | Regulamento tipo pósito infantís e documentación relacionada coa constitución do Pósito Infantil da confraría de Porto do Son. Constituído en decembro de 1927. | Lugares/ Instalacións |
Escola do Pósito | Contén copia manuscrita da R. O do 1 de xullo e 1 de setembro de 1902 para a apetura de lugares de ensinanza, solicitudes de subvencións para a práctica da ensinanza e outra documentación relacionada coa labor educativa do pósito. Inclúe carta dos alumnos da escola de Santa María en Arzúa (7 maio 1934) | Lugares/ Instalacións |
Correspondencia: Federación de Pósitos de Pescadores Marítimos e Terrestres | Inclúe: Regulamento da Federación de Pósitos de Pescadores, Marítimos e Marítimos-Terrestres (1925); Acta asemblea xeral (29/07/1925); conclusións aprobadas pola Asemblea relativas a varios temas (19-20/08/1926); comunicado relativo á inscrición dos Pósitos de Pescadores no Censo Electoral (14/07/1927); documentación relativa á celebración do Congreso Regulamentario da Confederación Nacional de Pósitos Marítimos (20, 21, 22 e 23 de maio de 1929); reparto de rede e fío (anos 1936 e 1939); comunicados relativos á solicitude da medalla de ouro para o Marqués de Valterra (Comisario do Instituto Social da Mariña) e para Girón de Velasco (Ministro de traballo) (1944) e sobre a posterior concesión ao primeiro (1945) | Asuntos Xeráis |
Subministro de tabaco no Porto do Son | O Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Porto do Son expón a carestía de tabaco na vila | Patrón Maior |
Solicitude libre contratación en lonxa da pesca sobrante | Comunicados onde o Patrón Maior da Confraría de Pescadores do Porto do Son solicita que se declare libre a contratación en Lonxa da pesca sobrante, unha vez abastecidos os mercados en fresco e que se modifiquen as normas establecidas para a pesca comprada a flote, as cales evitarían que os industriais realicen tales operacións afectando negativamente ás embarcacións pequenas que non poderían voltar ao porto coas súas caladas | Patrón Maior |
Amarre das embarcacións do Porto do Son pola carencia de mecánicos | Baldomero Fernández Calviño, Patrón Maior da Confraría de Pescadores, pide permiso para que se autorice a saída das embarcacións ata que teñan lugar os próximos exames de mecánicos, nese momento amarradas por non contar cos mecánicos necesarios para a legalización das mesmas | Patrón Maior |
Necesidades de pertrechos 1939 | Carta do Pósito de Pescadores de Ribeira na que se solicita que se lle comunique a cantidade de diversos pertrechos que recibiu o Pósito de Porto do Son dada a carestía de enseres para a pesca | Cabildo |
Obras de mellora no porto de Porto do Son 1978 | Contén documentación relacionada co proxecto de obras de mellora no porto do Son. Inclúe memoria explicativa | Obras |
Mostrando 10 de 912 resultados