Archivo de Órganos de Goberno
Mostrando 10 de 118 resultados
Nome | Descrición | Sección |
---|---|---|
Listas de distribución pertrechos | Listas de pedidos e distribución de enseres polos diferentes armadores e socios da confraría | Cabildo |
Fondo Cooperativo dos Pescadores de Baixura do ano 1950 | Relacións contables dos ingresos realizados polos afiliados destinados ao Fondo Cooperativo. Instrucións e normas para o seu funcionamento, comunicados, recibís, modelos e normas para a solicitude de suministros e outras comunicacións relativas ao servizo de suministro de lubrificantes, graxas e algodóns. Inclúe Regulamento do Banco Cooperativo (1934) | Cabildo |
Fondo Cooperativo dos Pescadores de Baixura do ano 1951 | Relacións contables dos ingresos realizados polos afiliados destinados ao Fondo Cooperativo. Instrucións e normas para o seu funcionamento, comunicados, recibís e outras comunicacións relativas ao servizo de suministro de lubrificantes, graxas e algodóns. Inclúe Regulamento do Banco Cooperativo (1934) | Cabildo |
Fondo Cooperativo dos Pescadores de Baixura do ano 1952 | Relacións contables dos ingresos realizados polos afiliados destinados ao Fondo Cooperativo. Instrucións e normas para o seu funcionamento, comunicados, recibís e modelos para a solicitude de suministros | Cabildo |
Necesidades de pertrechos 1939 | Carta do Pósito de Pescadores de Ribeira na que se solicita que se lle comunique a cantidade de diversos pertrechos que recibiu o Pósito de Porto do Son dada a carestía de enseres para a pesca | Cabildo |
Cupo pertrechos 1943 | Contén solicitude, facturas e recibí do envío de aceite de linaza por parte do Sindicato Nacional -1943- | Cabildo |
Expediente persoal: González, Ascensión | Acordo firmado entre o Patrón Maior Baldomero Fernández Calviño e D Ascensión González (viúva do antigo secretario) para a posta o día da recadación en lonxa | Patrón Maior |
Contratos de inquilinato | 1923: D. José Abeijón Vidal arrenda a D. Manuel Chouza Maneiro a planta baixa dunha casa sita na Rúa Isabel II para uso do Pósito 1925: D. Antonio Fernández Carballo arrenda a D. Manuel Chouza Maneiro unha casa no Nº 11 da Rúa do Progreso para uso do Pósito | Patrón Maior |
Subministro de tabaco no Porto do Son | O Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Porto do Son expón a carestía de tabaco na vila | Patrón Maior |
Solicitude libre contratación en lonxa da pesca sobrante | Comunicados onde o Patrón Maior da Confraría de Pescadores do Porto do Son solicita que se declare libre a contratación en Lonxa da pesca sobrante, unha vez abastecidos os mercados en fresco e que se modifiquen as normas establecidas para a pesca comprada a flote, as cales evitarían que os industriais realicen tales operacións afectando negativamente ás embarcacións pequenas que non poderían voltar ao porto coas súas caladas | Patrón Maior |
Mostrando 10 de 118 resultados